miércoles, 18 de marzo de 2020

MAPAS, PARÍS E MARIE CURIE

Hoxe temos unha mañá de novo xuntas e xuntos.
Que ben!
Temos que estar animad@s e axudarnos o máximo posible.
Esta proposta ten que ver coas C. Sociais, a Lingua Galega e L. Castelá.
Si todo xunto.
Xa veredes como é posible.
Título do traballo: MARIE CURIE E PARÍS 

INSTRUCIÓNS E ANOTACIÓNS A SEGUIR

Ao final deste traballiño imos ser capaces de:
  • Situar París nun mapa
  • Explicar algo sobre unha incrible científica "Marie Curie", en formato biografía
  • Son capaz de usar L.C e L.G. en diferentes momentos
E seguro que moitas máis cousiñas.😉 ESTE TRABALLO NON É SÓ PARA HOXE, DURA TODA A SEMANA. De feito, é unha continuación coa lectura da Torre Eiffel que fixemos o luns. Por favor, un bo traballo non se fai nun día nin dous. Non corrades, facede media horiña e parade. Podedes continualo o venres (que mañá é festivo e hai que descansar)

 SECUENCIA DE ACTIVIDADES
  1. Ver este vídeo e ir anotando algunhas informacións que nos interesen para saber sobre París. O vídeo é curtiño.
  2. Lectura sobre Marie Curie e ir anotando algunhas informacións que nos interesen para logo facer un texto biográfico (é un texto que explica datos da vida dunha persoa). aquí
  3. Observar ben estes dous mapas1 y 2 tan chulos e ver onde está París para logo poder xogar co mapa interactivo que tes aquí.
  4. Debuxar un mapa de Francia, se che apetece, e debuxar a Tour Eiffel e calquera monumento que queiras. 
  5. Facer calquera outra actividade que se che ocorra, debuxos, palabras graffitti, catro esquinas... e poñelo todo xunto a modo de libriño. Non importa o tipo de papel, pois o principal e o que aprendemos. Pide axuda pero tamén tenta facer o máximo dun xeito independente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario