Esta é a primeira tanda dunha serie de actividades e xogos "DE ANDAR POR CASA".
Cunha serie de materiais que temos non nosos fogares, fareivos propostas para aprender e xogar.
De feito, é necesario non estar conectad@s de seguido, nin pasarlle a responsabilidade nin a dedicación a un ordenador por moi boas que sexan as propostas das diferentes páxinas.
Son moitas as horas que imos pasar dentro da casa.
Ánimos e bicos 👩
ACTIVIDADES E XOGOS
- Aquí nesta foto vedes o que necesitades. Non son materiais nada raros e poden ser substituídos por calquera outra cosa, roupa, calcetíns, cordóns, obxectos de aseo....
- ACTIVIDADE 1 "XOGO DE MEMORIA". Consiste e coller froitas (tras lavar ben as mans) e ir meténdoas nunha bandexa ou prato grande. O número de elementos vai depender da idade dos nen@s. Tras ir dicindo os nomes das foritas cubrímolas co pano ou toalla. A continuación imos recordando oralmente os elementos e logo comprobamos. 👍 CANTOS ACERTOS?
- ACTIVIDADE 2: Proceder igual que antes pero esta vez imos retirar algún dos elementos (sempre hai que dicir o número deles retirados). Logo quitamos o pano e os nenos e nenas deberán dicir que falta na bandexa.
- ACTIVIDADE 3: Metemos esta vez froitas pero tamén varios elementos que non sexan froitas pero que sexan varios, non coma a miña foto. Nesta ocasión, hai que clasificar. Facemos un cartel que poña FROITA-NON FROITA. Poñémolo na mesa e imos quitando os elementos e clasificándoos debaixo dos carteis correspondentes.
Gozade destes xoguiños e xa porei máis de...ANDAR POR CASA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario