lunes, 8 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. 4º P

TRABALLO DE LECTURA, ESCRITURA E REFLEXIÓN DE TODA A SEMANA

O día 8 de xuño se celebra o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS E MARES. É unha data establecida pola ONU (Organización de Nacións Unidas) para recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies.
Son os pulmóns do noso planeta xa que producen osíxeno e logran un equilibrio ecolóxico tanto acuático como terrestre.

https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-oceanos



 

LECTURA

 A importancia dos océanos radica en que son a pricipal fonte de vida sobre a TERRA. sen embargo, ao longo dos anos, o ser humano no seu constante afán de avanzar cara a busca de novos espazos de desenvolvemento, ten provocado un enorme dano e destrución nos mares e océanos.

Cada ano, son miles as especies de plantas e animais que se extinguen debido a gran cantidade de refugallo e axentes contaminantes que son depositados nas augas do mar. Aínda que algúns gobernos levan tomado medidas para mellorar o problema, son claramentes insuficientes e o problema non mellora. Moitas zonas e ecosistemas xa desapareceron ou están moi afectados.

Os océanos representan o gran pulmón do mundo, xa que producen enormes cantidades de osíxeno e, no seu ciclo natural, dase un proceso de filtración e purificación do aire.

ACTIVIDADES A
Fai unha lista coas informacións que che parezan máis relevantes na lectura.
Busca información para responder á pregunta QUE É UN OCÉANO?
Elabora un 4esquinas coa palabra "océanos".


ACTIVIDADES B
Fai un resume coas informacións que che parezan máis relevantes na lectura.
Busca información para responder á pregunta QUE É UN OCÉANO?
Elabora un 4esquinas coa palabra "ecosistema".
Fai unha lista de accións do ser humano que afecten negativamente aos océanos. 

LECTURA EN L.C.

LEE LA PÁGINA 10 (que es la del nivel adecuado a cuarto) Y HAZ LAS PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN DE LA PÁGINA 11


No hay comentarios:

Publicar un comentario