sábado, 25 de abril de 2020

FLOTA, NON FLOTA



Este experimento que xa fixemos en clase, trata de averiguar se os obxectos elixidos flotan ou non flotan e se afunden.

PASOS
  • Buscar 10 obxectos no xardín e na casa que se poidan mollan sen problema: paos diferentes, pedriñas, follas, animais de xoguete, coches de xoguete... que sexan obxectos pequenos.
  • Ter un cubo de auga, con bastante auga.
  • Se tes colorante alimentario pódeslle engadir un pouco para facelo máis chulo.
  • Antes de empezar deberás pensar un chisco e poñer a un lado os que cres que van flotar ben.
  • Por último, empezas a botalos dentro da auga a modiño e comprobas se as túas predicións (as túas ideas sobre se flotaban ou non), eran acertadas ou erróneas.
Cando remates lle sacas unha foto e ma envías.
Logo, fas un debuxo como o da imaxe para anotar os datos do teu experimento.

HAPPY LEARNING💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario